CRTVG

Buscar

Novo sinxelo de Bflecha

Publicado o 05/11/2018 18:07

E marchamos coa música e produtora viguesa BFlecha. O seu novo sinxelo chámase 'Arecibo', que tamén é o nome dun radiotelescopio portorriqueño que enviou nos 70 información do noso ADN ao espazo.

Belén Vidal reflexiona así sobre como podemos enviar sinais tan complexos, pero ao mesmo tempo como nos segue a custar a comunicación entre nós aquí na terra. O futuro xa case está aquí e ten unha mensaxe para nós. 

Noticias web

05/11/2018