CRTVG

Buscar

Novo paso para a residencia de maiores da ETEA

Publicado o 02/11/2020 15:05

A Xunta prevé comezar este ano as obras da nova residencia de maiores de Vigo. No espazo que ocupa un dos antigos edificios da ETEA contruirase un centro con 150 prazas e 140 novos empregos en colaboración coa Fundación Amancio Ortega.

O presidente da Xunta anunciou hoxe que o Goberno galego vai aprobar o xoves o plan sectorial que permitirá iniciar as obras da residencia e dun novo polideportivo a seu carón.

Noticias web

02/11/2020