CRTVG

Buscar

A disposición xudicial os tres homes que supostamente violaron unha muller en Murcia

Publicado o 18/08/2019 18:22

 Esta tarde pasaron a disposición xudicial os detidos pola violación dunha muller onte en Murcia. Son tres homes, que supostamente levaron a cabo a agresión sexual en grupo, e unha muller, que presuntamente presenciou o ocorrido sen facer nada para evitalo. Os feitos ocorreron nun edificio de vivendas de okupas. Un veciño atopou a vítima xa na rúa, golpeada e ensanguentada. A muller explicou que os homes a asaltaran e a obrigaran a entrar no piso onde a violaron.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019