CRTVG

Buscar

O Congreso rexeita as emendas de PP e Vox á lei da eutanasia impulsada polo PSOE

Publicado o 10/09/2020 16:38

Novo capítulo do debate no Congreso da lei de eutanasia proposta desde as filas socialistas. O PP e Vox presentaron emendas para impulsar unha lei de coidados paliativos, pero acaban de ser rexeitadas na votación.

 

Na mesma liña, a plataforma Dereito a Vivir entregou no rexistro da Cámara máis de 50.000 sinaturas para pedirlles aos deputados que aposten por aliviar o sufrimento das persoas, non por rematar coa súa vida.

 

Noticias web

10/09/2020