CRTVG

Buscar

Foxen 900.000 persoas, a maioría mulleres e nenos, noutro grande éxodo en Siria

Publicado o 19/02/2020 10:14

Novecentas mil persoas, a maioría delas mulleres e nenos, abandonan os seus fogares en Siria para fuxir da guerra. A ofensiva do Goberno de Damasco contra o último reduto da oposición golpea a poboación civil. Xa hai máis de 300 mortos entre os non militares.

As familias abandonan as súas casas entre a neve e o frío para escapar da morte. Son as conclusións dun informe da ONU que difundiu onte a Oficina de Dereitos Humanos de Xenebra, e no que se denuncian ataques indiscriminados que destruíron hospitais e escolas.

A ONU fala de delitos de lesa humanidade, reprocha o fracaso da diplomacia e reprende a Rusia, que apoia o Goberno de Al Asad, e a Turquía, que apoia os rebeldes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2020