CRTVG

Buscar

Nove sociedades médicas alertan do risco dun novo colapso sanitario

Publicado o 14/08/2020 12:29

Os médicos advirten: as medidas que se están a tomar non son suficientes. Ou se cortan as cifras de contaxios ou haberá un novo colapso nos hospitais.

Cambiaron tres factores: mobilidade, verán e relaxación das medidas. Por iso, nove sociedades médicas asinaron o comunicado coa advertencia.

Piden máis control e recursos por parte das administracións, e, sobre todo, responsabilidade social.

No Ministerio coinciden nese chamamento á responsabilidade, pero discrepan sobre o risco de colapso.

Si recoñecen momentos puntuais de máis presión nalgunhas comunidades, como Aragón, onde xa montaron un hospital de campaña.

Noticias web

14/08/2020