CRTVG

Buscar

Buscan seis desaparecidos pola borrasca Gloria, que deixa xa nove mortos

Publicado o 23/01/2020 08:52

Coa morte dun home de 69 anos arrastrado polo mar no porto de Palamós e outro que caur ao río Anoia en Girona elévanse a once os mortos a causa do paso do temporal Gloria pola Península. Outras cinco persoas permanecen desaparecidas en Cataluña e as illas Baleares.

As imaxes aéreas da desembocadura do río Ebro ofrecen vistas dos campos de cultivo completamente anegados, mostra a magnitude do impacto de Gloria na costa leste da Península.

Arestora a principal preocupación está nas marxes dos ríos Ter e Tordera, onde a crecida dos caudais obrigou a desaloxar máis de medio cento de persoas.

En toda España, o último reconto de vítimas mortais causadas por Gloria sitúase en ONCE.

As dúas últimas, un home de 69 anos arrastrado polo mar no porto de Palamós ao ir revisar o amarre do seu barco e o un home que apareceu aboiando no río Anoia en Xirona.

Na Comunidade Valenciana houbo cinco mortos, dous en Almería e un en Asturias, Ávila e Xirona. En catro destes falecementos, a causa foi hipotermia.

Outras cinco persoas continúan desaparecidas, unha caeu ao mar desde un barco en Palamós, dúas foron arrastradas por unha onda en Eivisa e outra cando facía barranquismo en Mallorca.

As última desaparición foi notificada esta mesma mañá na localidade tarraconense de Cabacés.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020