CRTVG

Buscar

Nove mortes máis elevan a 1.170 os falecementos por covid−19 en Galicia

Publicado o 24/11/2020 20:45
Nove mortes máis elevan a 1.170 os falecementos por covid−19 en Galicia

Galicia chegou este martes aos 1.170 falecementos desde o inicio da pandemia por covid−19, despois de que nesta xornada a Consellería de Sanidade notificase nove mortes máis por mor desta enfermidade.

En Lugo faleceu unha muller de 94 anos no HULA que procedía da residencia San Salvador de Guntín.

En Vigo faleceron un home de 86 anos no CHUVI e unha muller de 90, que era usuaria da residencia CRAPD II.

Na Coruña morreron no CHUAC tres homes, de 64, 77 e 87 anos.

En Santiago morreu no CHUS un home de 87 anos.

En Ourense morreu un home de 73 anos no CHUO.

Ademais, unha muller de 88 anos faleceu no seu domicilio de Fene, na área sanitaria de Ferrol.

Todas os falecidos tiñan patoloxías previas, segundo o servizo galego de saúde.