CRTVG

Buscar

"Nove anos sen Sonia", Pontevedra volve pedir xustiza pola súa desaparición

Publicado o 30/08/2019 14:40

Hoxe en Pontevedra familiares, amigos e compañeiros de Sonia Iglesias volverán manifestarse con motivo do noveno aniversario da súa desaparición.

O obxectivo é que non se esqueza o caso e que se siga investigando. Sonia desaparacera en 2010, cando tiña 37 anos, sen deixar rastro. Os familiares deran a voz de alarma despois de que non acudira ao seu posto de traballo.

Hoxe, na súa lembranza terá lugar unha manifestación, que partirá ás 9 e media da noite da praza da Ferrería, baixo o lema: "Nove anos sen Sonia".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/08/2019

Máis sobre Concellos