CRTVG

Buscar

Novas mobilizacións contra o peche da factoría de Alcoa en San Cibrao

Publicado o 24/10/2020 09:53

Os traballadores de Alcoa San Cibrao volven saír hoxe ás rúas para pedir a intervención pública da planta. A manifestación parte desde o edificio da Xunta en Lugo e rematará na Subdelegación do Goberno.

Alí, o comité de empresa entregará a solicitude de intervención pública temporal. Aseguran que hai que actuar canto antes para que non se paren as cubas nin se despida a ninguén.

Entrementres, este venres houbo unha nova reunión do presidente da Xunta e o conselleiro de Economía co comité de empresa de Alcoa San Cibrao para analizar o futuro da fábrica. Alberto Núñez Feijóo destaca a unión entre administracións e traballadores para evitar o peche, que cualifica de disparate industrial.

A Xunta di que traballan en todas as vías posibles co obxectivo de manter os empregos.

Noticias web

24/10/2020