CRTVG

Buscar

Nova York pecha as súas escolas ante a mala evolución da pandemia

Publicado o 20/11/2020 15:56

Os datos en Estados Unidos son dramáticos. Van xa máis de 250.000 persoas falecidas por mor da covid-19, aumentan os condados con gromos, chegando ao 83% destes. Tamén seguen disparadas as hospitalizacións e os novos casos diarios, en máximos.

A alcaldía de Nova York, ante esta situación, tomou a decisión de pechar os seus centros escolares para frear o espallamento do coronavirus a través da comunidade educativa. Baséanse nun incremento ao 3% dos positivos nos últimos sete días consecutivos.

Os pais neoiorquinos deberán adaptarse a unha realidade que non lles é nova, pois xa en ocasións anteriores se suspederan as aulas polo risco elevado de contaxios. Con todo, a situación supón un importante desafío para a conciliación.

Noticias web

20/11/2020