CRTVG

Buscar

Nova reunión entre o comité de empresa e a dirección de Alcoa

Publicado o 02/07/2020 08:40

En Alcoa, hoxe, nova reunión entre o comité de empresa e a multinacional, dentro do calendario de consultas para a negociación do ere. Este proceso formal remata o 24 de xullo e nel, sindicatos e empresas acordan as condicións dos despedimentos.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, recoñece que asisten a ese encontro con "poucas" expectativas, xa que consideran que os directivos de Alcoa "seguirán funcionando como ata o de agora". "Só queren executar o plan que teñen previsto", apuntou Zan.

O comité emitiu un comunicado en que "agradece a todos" o apoio á folga convocada o pasado mércores na Mariña. Calificouna de "verdadeiro éxito", xa que "empresarios, autónomos e comerciantes se sumaron "sendo historicamente a primeira vez que acontece isto no noso país".

A folga de onte, contra o despido colectivo, tivo un seguimento do 100% entre os empregados de Alcoa San Cibrao e as auxiliares.

Noticias web

02/07/2020