CRTVG

Buscar

Investigan unha presunta "raiacoches" en Baiona

Publicado o 08/08/2020 14:53

A Garda Civil investiga a unha muller de Baiona de 33 anos como responsable de raiar unha ducia de vehículos na vila condal.
A muller actuaba en dúas rúas do centro. Só producía danos estéticos, non actuaba por exemplo sobre as pechaduras. A muller está investigada por un presunto delito continuado de danos e conta cun amplo historial de delitos contra a seguridade vial e de alcoholemias positivas.

Noticias web

08/08/2020