CRTVG

Buscar

Nova plataforma en Ourense para pedir comida a domicilio en locais da cidade

Publicado o 22/07/2020 20:58

Este é o Bar París, un dos clásicos da zona de viños de Ourense. Coñecido por ser punto de encontro de moitos ourensáns dende hai décadas, e sobre todo polos seus petiscos. Tamén a eles lles deu a volta todo o que trouxo consigo a pandemia. Agora ofrecen a súa comida tamén a domicilio a través dunha plataforma nacida aquí, na cidade das Burgas.

A plataforma vai sumando bares, restaurantes e clientes aos poucos. Queren ser unha alternativa local ás grandes empresas de repartición de comida a domicilio.

A idea do proxecto é seguir medrando e que cada vez sexan máis os que aposten polos locais de sempre aínda que sexa dende a casa. Unha especie de volta á normalidade paseniño sen perder de vista o moito que poden ofrecer os seus clientes coa axuda das novas tecnoloxías.


 

Noticias web

22/07/2020