CRTVG

Buscar

Nova normalidade, novas vacacións: aumentan as autocaravanas

Publicado o 07/07/2020 15:27

Espertar en cabo Udra e, ao mesmo tempo, espertar no vehículo e espertar na casa. As autocaravanas comezaran a poñerse de moda nos últimos anos, pero este verán disparouse a súa demanda. Concellos coma o de Bueu reciben tantas cada fin de semana que xa contemplan habilitar unha área de servizo específica para estas casas rodantes.

Pero as furgonetas camperizadas son unha opción minoritaria se a comparamos coas autocaravanas.

Esta non é unha zona oficial para botar días e días coa autocaravana. E, habendo tantas, o Concello de Bueu planea habilitar unha área de servizo específica.

A sensación dunhas vacacións independentes e en certo modo máis seguras fronte ao coronavirus provocou un récord de vendas de autocaravanas no mes de xuño.

 

 

Noticias web

07/07/2020