CRTVG

Buscar

Nova lea entre a Federación e a Liga

Publicado o 24/08/2020 17:03

A RFEF non autoriza a que a Liga faga o sorteo do calendario e esta responde dicindo que vai manter os prazos

O fútbol español pode quedar paralizado e a Federación Española pode converterse no mellor aliado do Deportivo. Aviso para Javier Tebas. Esta mañá a Federación, a través do seu secretario xeral, envioulle unha carta a Javier Tebas. Para comezar, pídenlle tranquilidade ao presidente da Liga, polo ben da súa saúde e do fútbol español.

A Federación anúncialle que non pode autorizar o calendario proposto pola Liga mentres non se resolvan por parte do CSD os conflitos presentados.

E aviso da Federación á Liga: "Abstéñanse de cometer irregularidades no sorteo. A Federación non vai recoñecer calquera simulacro de sorteo que organice a Liga, podendo ser denunciado por fraude". 

A Comisión Delegada da Liga saíu ao paso de comunicacións recibidas desde a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e insistiu en que celebrará o sorteo para a próxima tempada de Primeira e Segunda división o 27 de agosto.

Noticias web

24/08/2020