CRTVG

Buscar

Nova incautación de roupa falsificada entre Verín e Portugal, por valor duns 150.000 euros

Publicado o 24/05/2019 13:28

Nova incautación de roupa presuntamente falsificada na autovía que une Verín coa fronteira portuguesa. A Garda Civil de Tráfico interceptou nun operarivo especial tres furgonetas de transporte de mercadorías con roupa e calzado de distintas marcas supostamente falsicadas.

Incautáronse de máis de 60 caixas con zapatillas, camisetas e roupa interior. Sospéitase que o seu destino era a venda ambulante. O seu valor no mercado superaría os 150.000 euros.

Están acusados dun delito contra a propiedade intelectual. Nunha das furgonetas os axentes tamén comisaron dez quilos de picadura de tabaco e dous de tabaco para mascar que puxeron en coñecemento de Aduanas.

Noticias web

24/05/2019