CRTVG

Buscar

Nova Galega de Danza presenta Leira na Coruña

Publicado o 16/01/2020 16:41

O equipo de Nova Galega de Danza presenta espectáculo: Leira. A estrea terá lugar mañá no Teatro Rosalía da Coruña.

Coa dirección artística de Jaime Pablo Díaz e a música de Sergio Moure, Leira inspírase nas raíces do noso rural, fusionando danza tradicional e contemporánea con coreografías que xogan coa música e a iluminación.

Sobre o escenario, catro bailadores: dúas mulleres e dous homes, e tamén a cantante e violonchelista Rosa Cedrón.


 

Noticias web

16/01/2020