CRTVG

Buscar

Nova estafa: Un SMS de Bankia infoma do bloqueo da conta bancaria e rouba datos persoais

Publicado o 15/11/2019 19:11
Nova estafa: Un SMS de Bankia infoma do bloqueo da conta bancaria e rouba datos persoais

Moito coidado se se recibe unha mensaxe de Bankia dicindo que a conta bancaria "foi bloqueada temporalmente". Segundo informa FACUA-Consumidores en Acción, trátase dunha nova estafa cibernética. Unha vez recibida a mensaxe a persoa é redirixida a unha páxina web falsa e indícaselle que introduza os seus datos. A finalidade, roubar tanto datos persoais como claves da conta bancaria.

Esta falsa ligazón non ten nada que ver con Bankia. Estamos ante un caso de 'phishing', unha técnica empregada por delincuentes para obter información confidencial facéndose pasar por unha entidade de confianza. No caso de ter caído nesta trampa, cómpre pórse en contacto co banco e mudar as claves de acceso. Para maior seguridade, tamén se debería empregar un antivirus no móbil.