Nova campaña de control da DXT para vixiar camións e autobuses
Publicado o 10/02/2020 17:00
Os camións e os autobuses están estes días no punto de mira da DXT. Durante unha semana incidirán no control de aspectos como a velocidade, a documentación ou os excesos de peso pero especialmente nos tacógrafos e é que o exceso de horas ao volante pode estar detrás de moitos sinistros.
Segundo os últimos datos, en 2018 en vías interurbanas de España, os camións estiveron implicados en 4.300 accidentes con vítimas en que faleceron preto de 300 persoas, pola súa banda os autobusese víronse implicados nuns 2.300 sinistros en que faleceron 56 persoas.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 22:01
19/01/2021 21:48