CRTVG

Buscar

Nova avaría na subministración de auga da traída en Lugo

Publicado o 24/02/2020 12:23

Os veciños da rúa Serra da Gañidoira de Lugo levan máis de 30 horas sen auga da traída. Rebentou a tubaxe de fibrocemento deste edificio no punto en que conecta coa rede xeral deixando sen subministración todos os inmobles desta beiravía.

Como medida provisional o Concello instalou estas billas para que os veciños puideran aquí abastecerse de auga para cociñar e asearse.

No salón de peiteado do barrio, xa cancelaron as citas do dia.

Este é o terceiro caso que se dá na cidade nos últimos dous meses. O Concello non conta cunha cuadrilla de obras de garda para reparar as avarías que se dan en xornadas festivas, polo que o servizo non se restablece ata que entran na quenda de traballo os operarios municipais. Como ocorreu esta mañá, que dende primeira hora traballan na zona para restablecer o servizo.

Noticias web

24/02/2020