CRTVG

Buscar

Nos voos procedentes de Italia hai máis viaxeiros que chegan dos que marchan

Publicado o 06/03/2020 14:55

Aeroporto de Santiago. A saída a Málaga, pola longa ringleira da dereita. Á esquerda, o pouco visitado mostrador para Italia.

"Dixéronnos do embarque 5 ao 8. E cal é o de Roma? O baleiro".

Factura para unha viaxe que decidiron non cancelar.

"Eu creo que pánico non se pode ter". Tamén esquiva o pánico un grupo de nais e alumnas dun instituto. Iso si, na viaxe ían ser bastantes máis. "22. E ao final somos 8. non temos medo ningún, a proba é que estamos aquí".

Tamén factura equipaxe Silvia, que regresa a Italia feliz pero con reservas.

"Alédome de que estean tranquilos, pero eu non. Teño aquí unha máscara e agora vouna poñer, que non se sabe con quen che pode tocar no avión".

Vai embarcar nun avión que sae a Roma coa metade de pasaxeiros. E tamén trae só a metade o voo que chega de Roma.

"Estou vivindo en Roma e veño pasar unha semana. Alá nótase que hai menos turistas". "Estivemos moi ben. O mellor de todo, sinto dicilo, é que non houbo ringleiras para entrar en ningún sitio". "Polo demais, a xente que vive alí fai vida normal". "Nin hai o medo que hai aquí nin ves xente con máscaras". "O mércores empezamos a ver que a xente que atende os turistas empezou a poñer luvas. pero non se notou nada máis".

Precaucións, pero...: "Veño pensando: cando chegue vou chamar a ese número para me informar máis". Traen de Roma dúbidas e tranquilidade.

 

Noticias web

06/03/2020