CRTVG

Buscar

Nos sanfermíns incorporan axentes especializados para previr violacións

Publicado o 06/07/2019 15:03

Un día despois de que transcederan as motivacións do Supremo para endurecer a condena aos violadores da moza agredida nos sanfermíns do 2016 arrancou ao mediodía en Pamplona unha nova edición das festas co compromiso da cidade contra as agresións sexistas. O dispositivo de seguridade integrado por máis de 2.600 axentes incorpora especialistas da Unidade de Atención á Familia e á Muller da Policía Nacional para previr accións contra a liberdade e a integridade sexual.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/07/2019