CRTVG

Buscar

Nos centros de maiores e dependentes prodúcese un terzo dos falecidos de Francia

Publicado o 08/04/2020 08:59

En Francia, as persoas falecidas con coronavirus superan as dez mil.

Isto despois de que onte aumentara a cifra en máis de mil catrocentas.

Case a terceira parte de todas as mortes producíronse en residencias de anciáns e centros de dependencia.

Nas UCI dos hospitais franceses permanecen ingresadas máis de sete mil persoas con COVID-19.
O confinamento da poboación empezou en Francia o 17 de marzo e está previsto de momento que continúe unha semana máis.

Noticias web

08/04/2020