CRTVG

Buscar

Noruega ofrécese a mediar entre Maduro e Guaidó

Publicado o 16/05/2019 22:00
Noruega ofrécese a mediar entre Maduro e Guaidó

O réxime de Nicolás Maduro e a oposición liderada por Juan Guaidó exploran unha vía de diálogo coa mediación de Noruega.
LENDA.
Representantes de ambos mantarios reuníronse por separado cos mediadores en Oslo para tratar de atopar unha saída á crise que vive o país caribeño. Desde a oposición venezolana recoñecen as conversas, pero negan que se abrira unha mesa de negociación co réxime chavista. Din que as reunións foron exploratorias e que, simplemente, se fixou unha axenda de temas a tratar.

 

Noticias web

16/05/2019