CRTVG

Buscar

'Non te arrisques por unha autofoto', a policía alerta os mozos sobre os retos virais

Publicado o 15/02/2019 00:03

Haberá poucos rapaces que non participaran nese reto de comparar fotos de hai anos con outras da actualidade. Ou o de botar un caldeiro de auga xeada pola cabeza. Neste, o único risco é un arrefriado. Os perigosos son outros.

Para concienciar os máis novos, a policía pon en marcha esta campaña. Queren acabar cos danos que causan eses retos que circulan pola Rede e que poñen en perigo non só a saúde, senón a propia vida dos menores. Que a ditadura do like non os leve a asumir riscos innecesarios.

A comunicación pais-fillos, observar o que publican nas súas redes ou pactar un uso responsable dos dispositivos son medidas que nos poden evitar algún desgusto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2019