CRTVG

Buscar

As pensións non contributivas cobraranse con normalidade durante o estado de alarma

Publicado o 25/03/2020 18:48

Se cobro unha pensión non contributiva e tiña que presentar uns documentos antes do 1 de abril, a dúbida é se teño que facelo nese prazo.

Non é necesario presentar ningún papel. Todos os prazos administrativos están suspendidos. As pensións non contributivas seguiranse cobrando con normalidade.

E haberá un novo prazo para presentar documentación así que remate esta situación.
Outra dúbida é se está garantido o cobro da RISGA.
Si, a nómina de RISGA seguirase cobrando puntualmente.

Outra dúbida é se nesta situación se están a tramitar as axudas.
Os cidadáns non teñen a obriga de presentar ningunha documentación ata que remate o estado de alarma. Pero a Xunta de Galicia seguirá tramitando as Risga, as AIS e as pensións non contributivas con normalidade.
Se ten máis dúbidas ou necesita facer calquera solicitude ou trámite, pode poñerse en contacto cos servizos sociais do seu concello, coas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social ou a través da sede electrónica.




 

Noticias web

25/03/2020