CRTVG

Buscar

Non hai localidades para ver o Vilarreal

Publicado o 25/03/2019 18:00

O sábado comeza a loita final pola supervivencia do Celta nun ateigado Balaídos, xa non hai entradas. Os de Escribá comezaron a preparar esa final contra o Vilarreal na Madroa, nunha sesión en que contaron co apoio da afección, e en que participou Iago Aspas. Todo apunta que volverá ao equipo para "a nosa Reconquista", como bautizou o partido o club, que organizará actividades aproveitando a festividade local xa antes do partido do sábado. Nas próximas sesións iranse incorporando progresivamente os seis internacionais do equipo.

Noticias web

25/03/2019