CRTVG

Buscar

Non digas *recén #DígochoEu

Publicado o 27/01/2020 12:15

En galego normativo non se permite acurtar a palabra 'recente', así que terás que darlle unha reviravolta ás frases seguindo os consellos que che damos no vídeo. #DígochoEu

Hoxe tamén descubrimos que é fácil collerlle xenreira a certas palabras... E logo a ti non che pasa?

PD: Engadimos como alternativa a '*recén nacido' a palabra 'neonato', que nos suxire un espectador na nosa canle de Youtube. ;) Grazas polas vosas achegas!