CRTVG

Buscar

Noite de San Xoán sen fogueiras na praia de Riazor

Publicado o 23/06/2020 15:16

A imaxe típica da praia de Riazor, ateigada de xente e de fogueiras para vivir a noite de San Xoán, non será a deste 23 de xuño de 2020. O areal pechará ás nove da noite, porque nesta nova normalidade as cacharelas non están permitidas para evitar aglomeracións e riscos para a saúde pública. Así que, os milleiros de persoas que tradicionalmente veñen ao areal a quitar o meigallo terán que buscar alternativas para esta noite. Moitos, nas súas casas, e outros, nos bares, que ofrecen sardiñas. Todos resignados e esperando que o ano que vén as cousas volvan á vella normalidade, polo menos na noite coruñesa de San Xoán.

Noticias web

23/06/2020