CRTVG

Buscar

No que vai de ano arderon en toda España preto de 58.000 hectáreas, o triplo que o ano pasado

Publicado o 19/08/2019 16:26

En Galicia as condicións atmosféricas están a xogar a favor dos equipos de prevención.
Hoxe reuniuse na Consellería do Medio Rural o Comité Policial Contraincendios. O conselleiro José González destacou que o reforzo da coordinación policial permitiu deter ou investigar un cento de presuntos incendiarios no que vai de ano, case tantos como en todo o pasado 2018.

Mandos da Garda Civil, Policía Nacional, Autonómica e exército de terra reuníronse hoxe co conselleiro de Medio Rural para coordinar o dispositivo de investigación en torno aos incendios forestais, que no que vai de ano permitiu a detención dun cento de presuntos incendiarios na nosa comunidade.

Foi posible pola coordinación coas propias brigadas de investigación do Medio Rural e o apoio de medios tecnolóxicos coma o uso de drons, cámaras de videovixiancia e o teléfono de denuncias anónimas, para parar aos incendiarios.

González destacou tamén que os efectivos contra o lume manteránse activos en outono, para evitar vagas coma de outubro de 2017. O operativo de loita contra os incendios en Galicia conta nestes momentos con 7.000 persoas despregadas nos montes galegos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019