CRTVG

Buscar

No Parlamento galego non se desbota intervir Alcoa

Publicado o 07/10/2020 21:29

Na industria galega segue a interrogante sobe o futuro de Alcoa. Hoxe, no Parlameno, deixaron claras as opcións de futuro que hai.

O BNG reclama unha nacionalización da factoría de San Cibrao, ante a negativa a vender á multinacional norteamericana. O presidente da Xunta di que esa opción vai estar enriba da mesa sempre que se esgoten as posibilidades de venda. Pero tamén lles reprocha aos nacionalistas que apoiaran a investidura de Pedro Sánchez a cambio de nada.

Feijóo recoñece que, aínda que tarde, o Goberno central si traballa agora polo futuro da factoría. Pero recorda que o Goberno galego leva meses pedindo prezos da electricidade máis baixos para as empresas electrointensivas, tal e como sucede en Alemaña ou Francia.

E o Parlamento de Galicia pediulle ao Goberno central unha rebaixa no IVE que se paga nas máscaras e os hidroxeles. A proposta foi do PPdeG. Queren que pase do 21% ao 10 ou o 4, porque a covid é un problema de saúde pública e, segundo lembran, o uso destes produtos é obrigatorio.

O PSdeG abstívose nesta votación. Os socialistas galegos consideran que o foro adecuado para este debate é o Congreso dos Deputados.

 

Noticias web

07/10/2020