CRTVG

Buscar

No mes de setembro os ximnasios chegan ao seu pico de actividade

Publicado o 26/09/2019 21:41

Setembro é como o luns pero en meses. O mes de empezar e de volta á rutina, o mes dos propósitos, das boas intencións e, intencións ou non, o mes dos ximnasios. E non o dicimos nós, cóntannolo desde a administración dos centros e tamén entre máquinas e súor.

Aos asiduos súmanse os novos ou os que pararon no tempo estival, nese tempo de descanso pero tamén de excesos. Á volta, recoméndannos os profesionais, mellor amodiño.

Mesma recomendación e mesmo pico de actividade nos centros máis pequenos e especializados.
Neste centro xa teñen as clases completas varios días da semana. Algo que esperan que se manteña ao longo do curso porque, en cuestión de deporte e saúde, setembro deberían ser todos os meses do ano.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019