CRTVG

Buscar

No día cero do "brexit" a vida segue igual no Reino Unido

Publicado o 01/02/2020 15:50

Polo momento o divorcio non ten maiores repercusións no día a día. Comeza agora unha etapa de transición, de negociación coa Unión Europea. O divorcio está consumado e, polo que puidemos ver aquí en Londres, a vida segue igual. O sol saíu esta mañá á hora prevista a polo mesmo lugar. As portadas dos xornais, iso si, teñen o brexit como asunto central. E tamén é un dos temas de conversa en bares e pubs. Na rúa hai división: uns séntense máis libres e outros ven a Inglaterra máis illada ca nunca.

A liberdade de circulación, tanto de persoas como de mecadorías, aplicarase ata fins de 2020. Así que hoxe, 1 de febreiro, non existe diferenza respecto do día de onte en Dover, o porto máis próximo a Europa, a 44 quilómetros de Calais, en Francia. Os 10.000 camións que levan o 17% de todos os produtos que se comercian no Reino Unido seguen tendo absoluta luz verde. Así amencían as rúas de Dover...

Este home di: "Eramos parte da familia e perdémolos". Estoutro: "O mellor que me ten pasado a min nos últimos 70 anos". "O mesmo ca onte", di el, e a dona contéstalle que "Nada vai cambiar".

E en realidade os pasaxeiros que neste primerio día fóra de Europa están usando o Ferry seguirán ocupando hora e media das súas vidas no traxecto e case seguro que ninguén lles pedirá o DNI, coma onte, coma antonte e coma sempre. O mesmo pasa cos 20 minutos de traxecto baixo o canal da Manga. Outra cousa é o estado de ánimo, cara arriba ou cara baixo, dos que aínda non crían que o este sábado se produciría finalmente o brexit. En Londres, e estas son imaxes desta mesma mañá, todo seguía igual en aparencia. Os puntos de vista continúan divorciados.

Esta londinense di que cre que é a peor cousa que lle puideron facer a este país, e que está desolada. Estoutro votou para irse e está contento.

Pois parece que como cantaba aquel, a vida segue igual. As cabinas e os buses son vermellos, as rotativas seguen imprimindo portadsa amarelas, nos pubs seguen enchendo as cervexas ata os topes mesmo para un inglés, e os encargados da serie "The crown" anuncian, no medio da lea do brexit, hai só unhas horas, que a nova raíña Isabel será Imelda Staunton.

Noticias web

01/02/2020