CRTVG

Buscar

Nico Rodríguez e Jordi Xammar gañan os premios nacionais de vela

Publicado o 05/09/2020 21:17

E, coma cada ano, con motivo do Trofeo Príncipe de Asturias, o Monte Real Club de Iates de Baiona entregou os seus premios nacionais de vela. Este ano os galardoados foron Jordi Xammar e o vigués Nico Rodríguez como o mellor equipo olímpico; Pablo Santurde, o mellor patrón; Tanit Medilevel o mellor barco, e Abril Verde do ourensán Luis Pérez Canal, o mellor monotipo. O mellor equipo xuvenil foi o de Conrad Konitzer e Fernando Rodríguez. E o fotógrafo Nico Martínez foi distinguido co premio Mariano Aguado de comunicación.
 

Noticias web

05/09/2020