CRTVG

Buscar

Ángeles Vázquez comparecerá a petición propia no Parlamento para explicar os accesos a Ons

Publicado o 22/08/2019 20:45

A conselleira de Medio Ambiente comparecerá a petición propia no Parlamento de Galicia para aclarar a situación dos accesos á illa de Ons por parte dos veciños.
Ángeles Vázquez solicitará comparecer en setembro para resolver as dúdidas ao respecto. A conselleira critica a actitude dos alcaldes de Vigo e de Bueu no tocante a este asunto. Acúsaos de actuar de forma partidista, e esíxelles responsabilidade institucional. Desde a consellería lembran que os veciños de Ons poden acceder libremente á illa, e que ademais teñen a posibilidade de reservar prazas para os seus familiares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019