CRTVG

Buscar

Néstor Rego: "Que poida existir un acordo ou non depende do PSOE"

Publicado o 31/12/2019 10:39

O deputado no Congreso dos Deputados polo BNG, Néstor Rego, explicou este martes no Bos Días, que actualmente aínda non hai acordo co PSOE para que os voto dos nacionalistas galegos apoie a investidura de Pedro Sánchez.

"Hai vontade de diálogo pero non un cheque en branco. O compendio dos principais problemas precisa de medidas e de prazos definidos", dixo Rego, para concluír que "que poida existir acordo ou non depende do PSOE".

"Queremos solucións pero para iso hai que empezar a falar", dixo o deputado do BNG, para quen non é suficiente situar a axenda galega no debate, senón que se teñen que achegar solcións aos problemas do país: "Agora teremos que seguir traballando para que haxa cuestións concretas que poñer sobre a mesa".

"O que pedimos son concreccións. Que se diga que vai haber un estatuto para a industria electrointensiva, sen que saibamos cales van ser as consecuencias prácticas, ou que se vai transferir a AP-9 sen que se concrete en que prazos e que descontos vai haber, non é suficiente", asegurou Néstor Rego, "queremos nedidas concretas, e sen prazos as promesas son doadas de esquecer".

Respecto ao acordo presentado por Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, o BNG ve elemenos positivos, pero, segundo Rego, "non houbo suficiente ambición". Nese programa tamén botan en falta "coantias e prazos".

A decisión do apoio do BNG á investidura, se finalmente os nacionalistas galegos optan por favorecer a formación do goberno de Sánchez, ten que case inministe: "Estamos en fase de intercambio de escritos", dixo Néstor Rego. "Nun prazo breve terá que haber conclusión, porque todo parece indicar que a investidura vai ser axiña".

Noticias web

31/12/2019