CRTVG

Buscar

Néstor Araújo: "Co Xirona é o partido máis importante da liga"

Publicado o 16/04/2019 17:40

Antes pasar por Butarque e polo Camp Nou detémonos na actualidade do Celta. Preparando o compromiso co Xirona con Iago Aspas ao cen por cento. Entre o Xirona e o Celta dous puntos de distancia a favor do equipo que dirixe Eusebio Sacristán. Na primeira volta o Celta caeu en Montilivi. Está en xogo o goal-average particular. Todo na final deste sábado en Balaídos en que está en dúbida a presenza de Emre Mor por mor dunha escordadura de nocello.

O xogador do R. C. Celta, Néstor Araújo, afirma con rotundidade que o encontro co Xirona é "o máis importante da liga" para o equipo galego.

Noticias web

16/04/2019