CRTVG

Buscar

Navarra implanta un 'botón vermello' para protexer os empregados públicos

Publicado o 05/11/2019 19:50
Navarra implanta un 'botón vermello' para protexer os empregados públicos

Navarra está implantando un botón de seguridade, un sistema silencioso de alerta que axuda a xestionar situacións violentas ás que se poida enfrontar o funcionariado, e forma parte, segundo o Goberno foral, dunha estratexia para aumentar a seguridade na Administración Pública.

Cando un traballador se sente ameazado ou nunha situación de risco, só ten que premer no seu escritorio a icona vermella dese 'botón vermello' que aparece na súa barra de ferramentas. Automaticamente, envíase unha mensaxe solicitando axuda aos equipos máis próximos.

Unha vez recibida a alerta, os compañeiros do traballador afectado poden achegarse ata o lugar do conflito para comprobar que todo vai ben ou intervir se fose necesario. 

Polo de agora xa foi instaurado nas oficinas de Facenda de Xestión de IRPF e da Asistencia ao Contribuínte de Pamplona, así como nas oficinas territoriais deste organismo autónomo. Tamén está a funcionar nunha vintena de centros de Saúde Mental e Atención Primaria e está previsto que se implante en 23 centros sanitarios de Tudela e da zona da Ribera.

En Galicia, xa existe unha aplicación similar chamada Acode, mediante a cal os profesionais sanitarios poden pedir axuda dunha forma idéntica. Os facultativos galegos tamén poden instalar esa aplicación nos seus teléfonos móbiles. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí