CRTVG

Buscar

Natalia González, número 2 do PSdeG en Ourense, postúlase como candidata á alcaldía

Publicado o 22/03/2019 15:27

Sorpresa no PSdeG de Ourense. Natalia González, número 2 da lista, postúlase para liderala.
Todo apunta a que se afrontará a Rodríguez Villarino.

Natalia González, a número dous da candidatura socialista de Ourense para as eleccións municipais, dá un paso á fronte con valentía, di. Tras acordalo coa executiva local do PSOE e por responsabilidade coa militancia, foi a máis votada na asemblea sobre a lista, postúlase como posible candidata á alcaldía de Ourense tras a dimisión de José Ángel Vázquez Barquero.

O PSdeG barallaba como posible candidato, despois da renuncia do cabeza de lista e de dúas persoas máis da candidatura tras o cambio en Ferraz, o secretario provincial do partido Rafael Rodríguez Villarino, ao que agora lle sae competencia.

Hoxe, Gonzalo Caballero, na presentación das listas do PSOE ao Congreso e ao Senado por Pontevedra, non valorou o acontecido no partido en Ourense e na Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019