CRTVG

Buscar

Nancy Pelosi convértese na nova presidenta da Cámara de representantes dos EUA

Publicado o 04/01/2019 15:11

"É o rei do entretemento", dixo de Trump a nova presidenta do Congreso dos Estados Unidos. A demócrata Nancy Pelosi engadiu "que ningúen teña ningunha dúbida de que non se vai construír ningún muro".

Minutos despois, a nova maioría demócrata apoiaba a reapertura do Goberno e o pago dos salarios semanais aos traballadores de parques naturais, museos e outros servizos federais que levaban 14 días sen salario polo bloqueo republicano.

Trump felicitaba así á que foi, en 2007, a primeira muller presidenta da Cámara de Representantes, e agora repite no cargo para liderar a oposición. Non confirma nin descarta que poida haber un impeachement ao presidente pero é contudente ao afirmar que se investigará a trama ruda. Unha muller, para liderar a cámara máis diversa e máis feminina na historia dos Estados Unidos, na que se estrea a primeira deputadas nativa, as primeiras musulmanas e tamén a xoven promesa progresista Alexandria Ocasio.


 

Noticias web

04/01/2019