CRTVG

Buscar

Nadia Calviño comparece no Congreso para explicar os plans económicos do Goberno

Publicado o 13/02/2020 09:42

Nadia Calviño, a vicepresidenta de Asuntos Económicos, comparecerá hoxe no Congreso para explicar os plans do Goberno na área económica.

A súa comparecencia ten lugar despois de presentar un novo cadro macroeconómico que rebaixa ao 1,6% o crecemento previsto para 2020 e ao 1,7% ata 2023.

Calviño tamén explicará a recuperación prevista do consumo interno baseada no crecemento dos salarios, e a contribución que terá, segundo o Goberno, o sector exterior.

Noticias web

13/02/2020