Nadal case gaña tamén ao golf
Publicado o 02/08/2020 19:01
Falamos agora de Rafa Nadal, pero non de tenis. E é que estamos ante un deportista excepcional que hoxe estivo preto de proclamarse campión absoluto de golf de Baleares.
Nadal chegou ao último percorrido do torneo con posibilidades tras unha boa primeira volta. No burato dez chegou a ir de líder, aínda que finalmente non puido manter o ritmo de Jaime Jaume, que foi o vencedor. Rafael Nadal acabou no cuarto posto a cinco golpes. Non está nada mal para un tenista, aínda que sexa o número dous do mundo.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49