CRTVG

Buscar

Naceu a pequena Aitana, terceira filla de Irene Montero e Pablo Iglesias

Publicado o 03/08/2019 17:37

Por certo que a voceira de Unidas Podemos no Congreso, Irene Montero, e Pablo Iglesias, o secretario xeral de Podemos, xa son pais dunha nena.A través do facebook, os dous políticos explicaron que a meniña naceu de xeito prematuro pero tanto ela como a nai se atopan ben. A pequena chámase Aitana, en homenaxe, explicaron os pais, ó exilio español e a América Latina. Tamén a través das redes sociais recibiron a noraboa do presidente do goberno en funcións e doutros compañeiros da política.

 

Noticias web

03/08/2019