CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez reúnese na Moncloa e Pablo Casado co PP catalán

Publicado o 09/11/2019 15:44

Xornada de reflexión para os líderes dos principais partidos. Na mañá deste sábado o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, presidiu na Moncloa a reunión do comité de coordinación da situación en Cataluña, xunto a Carmen Calvo e Grande-Marlaska.

O líder do PP, Pablo Casado, pasa a xornada xunto á súa muller en Barcelona onde tiña un compromiso persoal e aproveitou a visita para reunirse coa dirección do PP en Cataluña. Xunto a Cayetana Álvarez de Toledo, os populares analizaron a situación con vistas á xornada electoral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019