CRTVG

Buscar

Na Ribeira Sacra xa ven máis preto a vendima que agardan sexa boa

Publicado o 20/08/2019 14:41

Vinte concellos das provincias de Lugo e Ourense conforman a Denominación de Orixe Ribeira SAcra. 2.500 hectáreas de viñedo nas que estes días ultiman os traballos previos a vendima. Queda pouco para que comece, e as previsións son optimistas.

Será esta, se nada cambia, unha boa colleita en cantidade e calidade, que mellorará notablemente a do ano pasado.

Despois dun verán con tempo tan cambiante, coidan que só un revés meteorolóxico podería botar por terra as boas previsións para a colleita deste ano.

Na Ribeira Sacra traballan preto de 2.400 viticultores. Se todo vai segundo o previsto, este ano colleitarán 800.000 quilos máis de uva que no 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019