CRTVG

Buscar

Na residencia de Outeiro de Rei hai 157 positivos entre usuarios e traballadores

Publicado o 19/09/2020 17:32

Na provincia de Lugo tamén está o centro xeriátrico con maior numero de contaxios de Galicia, a residencia DomusVi de Outeiro de Rei, na que hoxe morreu outra usuaria. Ademais, outros 135 residentes e 22 traballadores deron postivo nas probas da Covid19.

A residencia de Outeiro de Rei permanece completamente pechada esta mañá. Ten 184 prazas e hoxe morría outra das súas usuarias no Hula. O undécimo falecemento vencellado ao gromo desta residencia na que hai 135 positivos entre os usuarios e 22 entre os traballadores.

José é o alcalde de Outeiro de Rei, a localidade duns 5.000 habitantes na que se empraza a residencia. No consistorio xa había dispensadorers de xel hidroalcolico antes de que xurdira o gromo da residencia, agora puxeron varios por todo o concello, nos espazos máis transitados. Ademais, tamén se intensificou a desinfección das rúas. É moi importante que o virus non se espalle.

Con todo, e maia que a residencia está completamente pechada, algúns dos veciños teñen medo. A residencia continúa intervida pola Xunta , que reforzou con xeriatra, enfermeira e tres auxiliares.

Noticias web

19/09/2020