CRTVG

Buscar

Na provincia de Ourense, os votantes escollen 876 edís

Publicado o 26/05/2019 17:32

O actual rexedor e candidato do Partido Popular a revalidar a alcaldía de Ourense, Xesús Vázquez, exerceu o seu dereito ao voto no campus da cidade. Actualmente goberna en minoría, con 10 edís.

Chamamento tamén á participación por parte do líder de Democracia Ourensana, que conta con 8 edís. Pérez Jácome votou no colexio da Purísima, no centro da cidade.

O candidato do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino, xa votou por correo, aínda se atopa no censo de Amoeiro, de onde foi alcalde, pero pasou a mañá percorrendo todas as mesas da cidade. Os socialistas contan actualmente 6 concelleiros.

O cabeza de lista de Ourense en Común, Martiño Vázquez, voutou no Couto ao abrir a mesa, as 9 da mañá. Actualmente teñen tres edis.

En Ourense elíxense os 27 membros da corporación municipal e presentanse 15 candidaturas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/05/2019