CRTVG

Buscar

Na Pascua Militar en Galicia destacan o labor das Forzas Armadas no Estado democrático

Publicado o 06/01/2020 15:35

O Pazo de Capitanía da Coruña acolleu o acto da Pascua Militar en Galicia presidido, en representación do Rey, polo xeneral xefe da Forza Loxística Operativa. Francisco Javier Sánchez Fernández destacou o labor das forzas Armadas para preservar o estado social e democrático que é España.

O desfile dunha representación da Armada, do exército de Terra e da Garda Civil abría os actos da Pascua Militar en Galicia. Un acto castrense que inicia o ano para as forzas Armadas, ao que acudiron o Delegado do Goberno, a Conselleira de Infraestruturas en representación da Xunta de Galicia e o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza. Tras da parada militar, o xeneral Xefe da Forzxa Lóxistica operativa entregou as condecoracións ao persoal civil e militar que se destacou durante o ano. Francisco Javier Sánchez Fernández lembrou no seu discurso os trinta anos de labor das forzas armadas no exterior que obrigan dixo, a adaptarase a escenarios complexos, pero que son esenciais para preservar o estado de dereito.

O acto da Pascua Militar serviu tamén de despedida do Xefe da Forza Loxística Operativa que pasará a próxima semana á reserva.

Noticias web

06/01/2020