CRTVG

Buscar

Na busca do mellor mel de Galicia

Publicado o 27/11/2019 15:18

Comeza en Santiago a cata oficial dos meles de Galicia. Trinta e dúas mostras de vinte envasadoras compiten por ser os mellores do país nun certame que premia o bo facer dos nosos apicultores.

De eucalipto, de castiñeiro, de milflores... En Galicia hai moito e moi bo mel. Pero cal foi o mellor deste ano? De despexar a dúbida encárganse eles, un panel de 7 catadores de diversos perfís, que agudizan os sentidos para puntuar as mostras.

A cata faise a cegas, garantindo o anonimato das mostras. O que si se sabe é que todos estes meles
están amparados pola Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Un selo de calidade que este ano sumou 49 produtores e 9 envasadoras novas.

Se queren saber os nomes gañadores terán que agardar ata o día 13 de decembro, data da gala de entrega dos premios máis doces do ano.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/11/2019